domingo, 7 de marzo de 2010

COLECCIÓN SABELOTODOS


Esta colección presenta la biografía, en un tono desenfadado, de distintos personajes destacados a lo largo de la historia, científicos, poetas, descubridores, pintores, etc.
Incluye actividades dirigidas a niños y niñas de 9 a 12 años.

sábado, 6 de marzo de 2010

LÚA DO SENEGAL


Khoedi é unha nena de dez anos que ten que deixar a súa casa do Senegal para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai leva varios anos emigrado. Na nova terra a vida é dura para Khoedi, non coñece a ninguén e todo lle resulta diferente. O único lazo entre a nova realidade e o mundo que deixou atrás é a lúa que brilla no ceo polas noites.
Escrito por Agustín Fernández Paz e ilustrado por Marina Seoane.

LEOCADIO O LEÓN



Escrito por Oli e ilustrado por Teresa Novoa.
Leocadio non daba aprendido o oficio de cazador, así que os seus pais decidiron abandonalo nunhas montañas.
Alí descubrirá a súa verdadeira vocación e convertirase no león máis famoso de cantos existiron na terra.

O TESOURO AGOCHADO


Hai moito, moito tempo viviu nunha cidade de Oriente, un comerciante coñecido como Muhar o Pequeno, pois non era tan rico como Muhar o Grande. Un día soñou que atoparía un tesouro nunha cidade afastada do norte chamada Elsada e pensou que sendo un home rico Yasmina podería namorarse del! Así foi como emprendeu unha longa e perigosa viaxe...
Escrito por Paul Maar e ilustrado por Pedro Sousa Pereira.

ESTÁS NA LÚA




Escrito por Carmen Montalbán e ilustrado por Pilar Millán. Cóntanos a historia dunha nena de doce anos que vive no Sáhara coa súa nai, a súa tía e a avoa Baía que está comenzando a perder a memoria, e con ela esvaécense os recordos da súa vida...

CHARLES DARWIN


Descubre o mundo de Darwin a través do diario do grumete do Beagle. Con tan só 10 anos, James Kincaid é o asistente do naturalista Charles Darwin no Beagle. A vida dun grumete metido a explorador nunca é aburrida, cousa que aprenderá James na recollida de mostras polo continente suramericano.

NACER. ANIMAIS EXTRAORDINARIOS.





Neste libro escrito por Xulio Gutiérrez descríbese a forma asombrosa na que se reproducen e coidan as súas crias doce especies de animais.