A nova novela de misterio de Agustín Fernández Paz nos achega as dificultades que supon enfrontarse a múltiples cambios (de residencia, de amizades, de escola...) nos anos en que se abandona a infancia e comeza a adolescencia.
Cando Marta cumple once anos, a súa familia abandona a vila onde residían e trasládase a vivir na cidade. Alugan unha casa antiga e espazosa, sobre a que circulan rumores inquietantes.
As imaxes veñen da man da ilustradora galega Patricia Castelao.
“Dos diversos instrumentos inventados polo home, o máis asombroso é o libro; todos os demáis son extensións do seu cuerpo… Só o libro é unha extensión da imaxinación e da memoria”. Jorge Luis Borges.
sábado, 27 de outubro de 2012
MALOS TEMPOS PARA OS FANTASMAS
Etiquetas:
Agustín Fernández Paz
Localización:
Bueu, Pontevedra, España
O MISTERIO DO FARO VELLO
Este é o título da nova achega da escritora galega Fina Casalderrey, con ilustracións de Manuel Uhía.
Unha proposta chea de misterio e aventuras que ten como protagonista a unha nena de once anos.
Lorena e os seus amigos queren descubrir a orixe dunhas misteriosas bolas de luz que flotan sobre o Faro Vello. Pero atopan cun personaxe diabólico disposto a evitar que desvelen o enigma.
Destacan valores como a importancia da verdadeira amizade, o coidado dos animais e a educación viaria.
Etiquetas:
Fina Casalderrey
Localización:
Bueu, Pontevedra, España
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)