domingo, 15 de decembro de 2013

O REFUGALLO

Escrito por Paula Carballeira e ilustrado por Dani Padrón. Isolda ten un libro de viaxes; Hipatia, un telescopio; Borboronte, unha tartaruga (aínda que as tartarugas non se teñen, só están contigo) e Lustucrú, unha pata de pau. Os catro viven do refugallo, co que ninguén quere. Os catro xogan xuntos a crear un mundo novo a partir do mundo vello e roto da súa contorna, porque son nenas e nenos, e saben ver as cousas doutra maneira. O refugallo trata sobre a capacidade de fabulación que nos fai transformar a realidade, recreala e reinventala, coma o mesmo teatro, que lle dá vida a obxectos e personaxes que ata o momento da representación non existían para o público.

venres, 6 de decembro de 2013

AS AVENTURAS DO APALPADOR. O TESOURO DOS MOUROS

Escrito por Fernando M. Cimadevila e ilustrado por José Ángel Ares e publicado por Contos Estraños Editoria.
Esta é a segunda aventura do Apalpador e os seus amiguiños: Noa e o elfo Din-Don.
Nesta ocasión, emprenden unha nova aventura nas fragas do Courel, desta vez na procura do mítico tesouro dos mouros, que está agochado nalgures. Para o descubrir deberán superar as máis variadas probas e coñecerán toda clase de personaxes.

UNIVERSO PITÁGORAS

Rocío Leira Castro é a autora deste libro, ilustrado por Xosé Tomás e publicado por Biblos.
daFala dunha nena que detesta os números e de súpeto un día vese atrapada nun universo matemático. Para saír de alí vai ter que resolver distintos enigmas, probas de lóxica, etc. Ademais o libro garda unha sorpresiña: está totalmente desordenado.
Entón vai ser o propio lector o que coa súa astucia terá que resolver unhas adiviñas e dar coa orde correcta. Está pensado para un lector activo que participe moito no libro