Amosando publicacións coa etiqueta Kalandraka. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Kalandraka. Amosar todas as publicacións

sábado, 6 de marzo de 2010

O TESOURO AGOCHADO


Hai moito, moito tempo viviu nunha cidade de Oriente, un comerciante coñecido como Muhar o Pequeno, pois non era tan rico como Muhar o Grande. Un día soñou que atoparía un tesouro nunha cidade afastada do norte chamada Elsada e pensou que sendo un home rico Yasmina podería namorarse del! Así foi como emprendeu unha longa e perigosa viaxe...
Escrito por Paul Maar e ilustrado por Pedro Sousa Pereira.

ESTÁS NA LÚA




Escrito por Carmen Montalbán e ilustrado por Pilar Millán. Cóntanos a historia dunha nena de doce anos que vive no Sáhara coa súa nai, a súa tía e a avoa Baía que está comenzando a perder a memoria, e con ela esvaécense os recordos da súa vida...

NACER. ANIMAIS EXTRAORDINARIOS.





Neste libro escrito por Xulio Gutiérrez descríbese a forma asombrosa na que se reproducen e coidan as súas crias doce especies de animais.

venres, 26 de febreiro de 2010

O NACEMENTO DO DRAGÓN


"Antano non existían os dragóns ata que un día..."
Escrito por Wang Fei e Marie Sellier e ilustrado por Catherine Louis.

domingo, 21 de febreiro de 2010

SOPA DE SOÑO E OUTRAS RECEITAS DE COCOCIÑA



Escrito por José Antonio Ramírez e ilustrado por Miki Blanco, preséntanos trinta disparatadas e delirantes receitas, onde o real se confunde co imaxinario e o cotiá co extraordinario.