Amosando publicacións coa etiqueta Fina Casalderrey. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fina Casalderrey. Amosar todas as publicacións

sábado, 27 de outubro de 2012

O MISTERIO DO FARO VELLO



Este é o título da nova achega da escritora galega Fina Casalderrey, con ilustracións de Manuel Uhía. 
Unha proposta chea de misterio e aventuras que ten como protagonista a unha nena de once anos.
Lorena e os seus amigos queren descubrir a orixe dunhas misteriosas bolas de luz que flotan sobre o Faro Vello. Pero atopan cun personaxe diabólico disposto a evitar que desvelen o enigma. 
Destacan valores como a importancia da verdadeira amizade, o coidado dos animais e a educación viaria.