venres, 5 de novembro de 2010

BICOS DE SOL


"Bicos de Sol" nace para desdramatizar o impacto que supón unha grave enfermidade no seo de calquera familia, pero especialmente para resaltar a importancia da implicación de tódolos seus membros.
Camiñemos con esa nai e esa filla, todo coraxe e dozura, para cruzar ese río de augas turbias. Sofía e a súa nai farannos comprender que cando un problema é asumido con naturalidade comeza a resolverse. E que por suposto, un bico de sol é unha gran medicina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario